^ Ir arriba

novas

Tuesday, 09 February 2021 17:15

O colexio Xosé Neira Vilas en Peitieros, nova parada do “ miniecopunto” de REES

O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente, segue facilitando á veciñanza os medios para que poidan poñer en práctica as tres famosas “ R”: “reducir, reutilizar e reciclar”, algo que é posible empregando o “ miniecopunto” de Residuos Eléctricos e Electrónicos ( REES) que percorre desde hai uns meses as diferentes parroquias do noso municipio.
Chega ao colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros onde estará durante 15 días ao dispor de todos os que queiran depositar nel os seus vellos móbiles, baterías ou tablets, entre outros residuos eléctricos ou electrónicos.
Unha vez máis fai unha parada nun centro escolar co fin de destacar a importancia de implicar e sensibilizar ás novas xeracións na defensa do medioambiente, á vez que se lles dota de ferramentas para facelo.
Este miniecopunto enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos ( ESTRAEE), promovida pola Deputación Provincial e á que se adscribiu ou concello de Gondomar.

NEIRA VILAS PEITIEIROS.jpg