^ Ir arriba

novas

Friday, 29 January 2021 16:12

O comercio local de Gondomar amosa a súa solidariedade cos máis necesitados

A concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro, acudiu a recoller hoxe a doazón realizada pola responsable do establecemento "Chupipostres" ao banco de alimentos municipal, froito da campaña solidaria promovida durante o nadal pola empresaria.
Por cada almorzo encargado ou adquirido no seu local entre o 1 de decembro e o 7 de xaneiro, "Chupipostres" achegaría un produto de primeira necesidade ao departamento de Benestar Social. Finalmente entregáronse 310 produtos, prestando especial atención a aqueles que faciliten a desifección e o coidado da saúde -produtos de hixiene bucal- así como legumes cocidos.
Águeda Ubeira recibió el Premio Joven Empresario 2020 por su negocio Chupipostres, con sede en Gondomar, una apuesta por la venta online con servicios de repostería personalizada y desayunos temáticos artesanales que envía a domicilio desde su obrador a toda España. 
Moitísimas grazas a Águeda Ubeira pola súa colaboración dando mostra, unha vez máis, de que somos un pobo solidario que pensamos nos máis vulnerables.

b3e39914-d6ac-47fe-9a20-27996aefce36.jpg