^ Ir arriba

novas

Friday, 29 January 2021 16:11

O concello de Gondomar recibe os primeiros filtros HEPA para os colexios

O concello de Gondomar recibiu os dez primeiros purificadores de aire con filtros HEPA do centenar que ten previsto adquirir para poñer ao dispor dos centros educativos do municipio, atendendo unha reiterada demanda das ANPAS e da comunidade educativa para garantir a máxima seguridade do alumnado.
Á espera de recibir unha resposta por parte das autoridades competentes en materia de Educación, en man da Xunta de Galicia, estes primeiros aparellos instaláronse en inmobles municipais.
O rexedor, Paco Ferreira, lembra que solicitou por escrito de palabra á Consellería de Educación e á propia delagada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, a autorización para poder situalos en colexios, garderías institutos e o conservatorio. Ante a falta de resposta insistirá na súa petición, aínda que non descarta a posibilidade “de deixalos ante a portas dos centros”.
Lembra que son moitos os estudos científicos e valoracións do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que os recomendan, fronte á postura da Xunta que os desaconsella.
Insiste o rexedor que coa compra dos purificadores “só buscamos apoiar ás familias, e evitar ter aos alumnos e alumnas coas xanelas abertas continuamente durante todo o inverno.”

144343177_2753741921555019_8695877392983035601_o.jpg

143377069_2753741911555020_7848137118937148578_o.jpg

143473067_2753741974888347_5130479499376882753_o.jpg