^ Ir arriba

novas

Wednesday, 27 January 2021 16:10

O alcalde comunica á delegada da Xunta a súa intención de dotar de purificadores os centros educativos.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, trasladou hoxe á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, a súa decisión de adquirir un centenar de purificadores (HEPAS) para distribuír entre os centros educativos do concello e o conservatorio de Música do municipio.
Así o expuso no encontro telemático no que o rexedor aproveitou para explicar esta iniciativa á vez que solicitar á representante da Xunta de Galicia a súa colaboración á hora de facilitar esta cesión os colexios e institutos.

Lembrou que a compra dos purificadores están respaldados por estudos científicos e que o único se que se busca garantir a máxima seguridade do alumnado e profesorado de Gondomar, que en reiteradas ocasións demandaron ás autoridades educativas competentes a posibilidade de utilizar estes aparellos.

reunión marta.jpg