^ Ir arriba

novas

Monday, 28 December 2020 16:15

Abertas as inscricións das escolas deportivas que a Deputación de Pontevedra oferta en Gondomar.

Abertas as inscricións das escolas deportivas que a Deputación de Pontevedra oferta en Gondomar, que este ano serán as modalidades de patinaxe, judo, baloncesto e balonmano.

O prazo permanecerá aberto ata o 12 de xaneiro e os interesados poderán inscribirse telemáticamente no enlace da Deputación Provincial. (? https://www.depo.gal/deporte-escolas)

En caso de querer facelo presencialmente, poden presentar as solicitudes hoxe luns, mañá martes e o mércores no Pavillón de Deportes Municipal de 17.00 a 19.00 horas. #Gondomar #Deporte

dipu.jpg