^ Ir arriba

novas

Thursday, 17 December 2020 16:05

O goberno local destinará 100.000 euros para axudar o comercio e a hostalaría

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, mantivo unha xuntanza coa comisión xestora que aúna á hostalaría do Val Miñor, así como con representantes de OVALMI, para seguir traballando nas medidas que se poden poñer en marcha por parte do concello para axudar ao sector ante a crítica situación que está a atravesar como consecuencia da pandemia.
O alcalde comunicoulles que o goberno destinará 100.000 euros do seu remanente de tesourería para facilitar as axudas ou bonificacións necesarias tanto ao sector da hostalería da localidade como o do autotaxi, e outros afectados restriccións impostas como consecuencia da covid19.
No encontro, ao que tamén asisitiu a concelleira de Comercio, Rocío Goberna, anuncióuselles que as bases da convocatoria destas axudas serán aprobadas no pleno ordinario da corporación municipal que se celebrará o próximo 07 de xaneiro.
Unha vez aprobadas abrirase o prazo de presentación de solicitudes para poder facer efectivas, posteriormente, as pertinentes axudas.
O alcalde, Paco Ferreira, lembra o gran esforzo que están a realizar neste momento os concellos e as consecuencias que isto ten para as súas arcas municipais. Neste sentido insiste na necesidade “dunha maior implicación do resto das Administracións á hora de mandar cartos porque sempre somos nós, os concellos, os grandes olvidados a pesar que de facemos ou máis grande dos esforzos cada día”.

131670110_2723883241207554_7679819064126541393_o.jpg