^ Ir arriba

novas

Monday, 30 November 2020 18:29

Gondomar abre o prazo para a inscrición das Escolas Deportivas 2020-2021

As Escolas Deportivas de Gondomar arrincarán a súa actividade o próximo mes de xaneiro, se as condicións sanitarias permíteno. A partir deste martes 01 de decembro ábrese o prazo de inscrición que se poderá formalizar nas oficinas do pavillón Municipal Bernabé Costas entre as 10.00 e as 12.00 do mediodía, e as 17.00 e 19.00. Os interesados poderán presentar a súa solicitude ata o día 23 de decembro, abríndose en xaneiro a inscrición das actividades dependentes da Deputación Provincial de Pontevedra.
Debido ás condicións sanitarias nas que nos atopamos este ano se desarrollarán as actividades con normas suxeitas ao protocolo covid19, que establece o máximo de 25 alumnos, dependendo dos metros cadrados da instalación, así como a entrada exclusiva de alumnos e monitores a ela. As actividades realizaranse a porta pechada e os vestiarios no poderán empregarse. En todo momento haberá que manter a distancia de seguridade de 1,5 m e utilizar sempre a máscara.
As escolas desenvolveranse de luns a venres e rexeranse polo calendario escolar. Calquera das actividades programadas terá un prezo de 50,95 euros por curso de 5 meses, e de 59,17 euros no caso daquelas que duran seis meses – ximnasia de mantemento e GAP-, incluído en ambos casos o seguro obrigatorio. Establecerase un desconto de 25% para o segundo membro da familia, e de 50% para terceiros ou seguintes.
Para solicitar máis información poden dirixirse aos teléfono 986 360305 ou 608 748 393 ou a través do correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

 

escolas deportivas 2020.jpg