^ Ir arriba

novas

Saturday, 28 November 2020 17:25

Os pequenos e pequenas de Gondomar recibirán unha  videochamada persoal dos Reis Magos este Nadal

l

•​O goberno sustitúe así a recepción tradicional que as súas Maxestades facían aos pequenos do municipio e garante que todos poidan pedir os seus agasallos aos Reis. 

•​Esta iniciativa inclúese no programa de Nadal, organizado pola concellería de Cultura, que se inaugurará o próximo 5 de decembro co aceso oficial, que este ano se retransmitirá por streaming.

 

Ante a mensaxe que se transmite constantemente e que se converteu xa en lema sobre que “este ano o Nadal será diferente”, o goberno de Gondomar deseñou un programa de actividades e accións “co que pretendemos salvala para todas e todos, e axudar a que sexa igual de máxica e chea de ilusión que en anteriores edicións”, asegurou o rexedor Paco Ferreira.

​O aceso oficial será o próximo día 05 de decembro na Praza da Paradela. Precedido dun espectáculo de animación e maxia a cargo de Sarao Animación limitarase o aforo de asistentes na rúa, pero a conta atrás e o aceso poderase seguir por streamingen todo o municipio. 

​Outro dos puntos álxidos destas festas márcao a presenza dos Reis Magos de Oriente. Os pequenos e pequenas de Gondomar terán a oportunidade de falar con eles e facelo en primeira persoa a través dunha videochamada que recibirán nos seus teléfonos.

​Os interesados en participar deben acceder á plataforma www.nadal2020.es, onde os pais, titores ou familiares maiores de idade poderán inscribirse seguindo os pasos que se van indicando. Desta forma concretarán unha data e hora na que queiran que os seus pequenos/as reciban a chamada dos Reis Magos. 

​O alcalde, Paco Ferreira, xa confirmou que se celebrará a Cabalgata o día 05 de xaneiro, “adaptándoa ás novas circunstancias que estamos a vivir e por tanto será estática, situándose na carpa da Praza Paradela” para evitar grandes aglomeracións.

cultura reis magos.jpg