^ Ir arriba

novas

Monday, 23 November 2020 16:54

Gondomar clausura o obradoiro “Crea e Coida Miñor” cun 50% dos seus participantes con contrato laboral.

• Atención sociosanitaria e deseño gráfico son as materias nas que se formaron os 20 alumnos durante 9 meses neste Obradoiro desenvolto en Gondomar.

Esta mañá clausurouse oficialmente o Obradoiro de Emprego “Crea e Coida Miñor” que se ven desenvolvendo en Gondomar dende novembro de 2019, e cuxo remate retrasouse como consecuencia da alerta sanitaria decretada no país en marzo. Esta mañá os 20 alumnos recollían os seus diplomas e poñían punto e final a un curso cuxo director, José Abraira Arias,e cualificou “como exemplar tanto pola entrega como polo interese demostrado en aprender”.


O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Marta Iglesias, o alcalde de Nigrán, Juan González, e os concelleiros de formación de Baiona e Gondomar, Óscar Carreño e Rocío Goberna, respectivamente, entregraron os diplomas acreditivativos aos participantes felicitándolles polo resultado obtido.


Pola súa banda Paco Ferreira subliñou a importancia da colaboración entre concellos e administracións á hora de desenvolver políticas de emprego activas, poñendo como exemplo o taller que “clausuramos hoxe sabendo que a metade dos seus integrantes fano xa traballando ou ben a piques de asinar un contrato laboral”.


Animou á Xunta de Galicia a seguir apostando por este tipo de iniciativas e dotar de orzamentos as partidas que fagan posible o seu desenvolvemento. De feito, no acto o alcalde anunciou que Gondomar acollerá un novo taller de emprego de similares característica que contará cunha subvención de 346.946 euros dirixido tamén para persoas desempladas da comarca do Val Miñor.


“Crea e coida Miñor” desenvolveuse en convenio cos concellos de Baiona e Nigrán, e contou cun orzamento de 336.446 euros, que permitiron o desenvolvemento de dous talleres, cun máximo de 10 alumnos/as en cada un, cunha formación eminentemente práctica e cun contrato de traballo co concello polo salario mínimo interprofesional.


Ademais da materia específica relacionada coa atención sociosanitaria e o deseño de produtos gráficos, os alumnos-traballadores recibiron tamén formación complementaria en cuestións clave para a procura de emprego, igualdade ou sobre prevención de riscos laborais.

 

 

8eb1df6e-2cb3-451e-987a-af0b37603908.jpg