^ Ir arriba

novas

Thursday, 15 October 2020 16:39

Renovación dos convenios de colaboración co Gondomar Club de Fútbol, e coa Agrupación Deportiva de Vincios 

​O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, renovaron esta semana os convenios de colaboración co Gondomar Club de Fútbol, e coa Agrupación Deportiva de Vincios cunha dotación total de 17.000 euros, nun claro apoio o deporte no municipio.

​Desta forma a presidenta do Gondomar Club de Fútbol, Rosa Álvarez, suscribiuo convenio polo que o concello de Gondomar subvencionará o clube cunha aportación de 14.000 euros, ao tempo que lle cede o uso das instalacións municipais de forma gratuita para a súa práctica deportiva y competitiva, en concreto os campos de As Gándaras e As Cercas.

​Pola súa banda, o representante da Agrupación Deportiva de Vincios, Vicente Pintos, renovou a colaboración que mantén co concello de Gondomar cun convenio dotado dunha subvención de 3000 euros, para promocionar a práctica do tenis de mesa no municipio.

121473622_2670164726579406_8507281186816677374_o.jpg

121093817_2670161579913054_2070099715682104995_o.jpg