^ Ir arriba

novas

Friday, 02 October 2020 21:29

Gondomar incrementa nun 500% as partidas destinadas a BenestarSocial

​O pleno da corporación municipal de Gondomar aprobou co voto a favor do goberno local, Cidadáns e o PP, e a abstención dos grupos do BNG e Manifesto Miñor, a adxudicación do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) á empresa Idades S.L por un período de dous anos e unha dotación económica de 1.300.000 euros. 

 O Servizo de  Axuda  ao  Fogar, integrado por un persoal de 26 de traballadores, prestará un total de 2500 horas ao mes a máis de medio centenar de usuarios, cun custode 17.06 euros a hora.  Isto suporá un incremento na partida anual do concello de 221.000 euros, que se suma aos xa asumidos noutros servizos como o banco de alimentos, comedores, alugueres ou igualdade, convertendo a Gondomar no concello que máis inviste en materia social de todo o país. 

A tenente de alcalde e concelleira responsable de Benestar Social, Nuria Lameiro, subliña que estas cifras “son unha proba clara da nosa firme aposta polas políticas sociais e centradas na defensa e atención dos colectivos máis vulnerables e necesitados, como son os maiores, persoas en situación de risco ou de exclusión social, ou que simplemente atravesan un momento difícil nestes tempos de crise”.

Unha idea que ratifica o alcalde, Paco Ferreira, quen lembra que “unha vez máiso peso da política social déixase en mans dos  concellos, das administracións locais, que nos vemos obrigadas a asumir competencias impropias ante o abandono delas por parte de Alberto Núñez Feijóo”. Lamenta que o presidente autonómico “utilice aos concelloscomo un instrumento para cubrir a súa falta de xestión e abandono en materia social, de dependencia ou igualdade, entre moitas outras”.

O rexedor insta á Xunta de Galicia a atender estas cuestións nos próximos orzamentos “nos que esperamos incremente as partidas en materia social, pero tamén en igualdade, aplicación dos protocolos ante o  covid, educación… cuestiones que están a deixar en mans dos concellos aos que cada vez afogan máis económicamente abocándoos en moitos casos á quebra”.

Máis incomprensible para Paco Ferreira é a postura de abstención dos grupos municipais de Manifesto Miñor e BNG na aprobación do SAF: “Non entra na cabeza de ninguén que dous partidos que se consideran progresistas e defensores das políticas sociais, puxéronse de perfil e non apoiasen a aprobación desta adxudicación, resolta por unha mesa de contratación”, concluíu o rexedor.

d4e99cfc-3daf-4bee-9c9c-6b18772564e5.jpg

Foto de arquivo