^ Ir arriba

novas

Thursday, 01 October 2020 16:01

Ferreira explica na Comisión Informativa de Urbanismos os avances na elaboración do PXOM

O alcalde, Paco Ferreira, presidiu este mércores a Comisión Informativa de Urbanismo onde informou dos distintos avances logrados nesta materia nos últimos meses aos portavoces da oposición a quen trasladou a súa intención de “ser transparentes en todo momento e contar coa colaboración de todos polo ben de Gondomar”.

​No encontro abordáronse distintas cuestións por exemplo o estado das delimitacións dos distintos núcleos rurais do municipio, figura urbanística da que dispón o goberno local para garantir que moitas vivendas sigan en pé, e que se poida edificar nesas zonas tras a anulación do anterior Plan Xeral de Ordenación Urbana, mentres se tramita o actual. Ata o momento xa se aprobaron un total de 5 núcleos e en breve espérase dar luz verde aos tres restantes.

Respecto a a urbanización do Polígono da Pasaxe, Paco Ferreira, sinalou que unha vez resoltas as 9 alegacións presentadas ao convenio de  reparcelamiento e  equidistribución de cargas e beneficios, nestes momentos “estamos á espera dos informes sectoriais de Patrimonio e de Aviación Civil ( AESA) para corroborar o proxecto de urbanización”. Superado ese paso procederíase á licitación das obras, orzadas en 3,4 millóns de euros, e que “queremos que arrinquen a principios do ano 2021”.

Ante os integrantes da oposición municipal o rexedor, acompañado pola concelleira de Urbanismo, Iria Lamas, lembrou que esta primeira fase desenvolverasecase de forma paralela coa que poñerá en marcha a Zona Franca de Vigo que contempla a ampliación do polígono industrial en preto de 400.000 metros cadrados cuninvestimento superior aos 20 millóns de euros “converténdoo nun referente do sur da provincia e da Eurorrexión de Galicia-Norte de Portugal”, asegurou o rexedor.

Paco Ferreira referiuse tamén á colaboración alcanzada coa Xunta de Galicia que está a executar nestes momentos obras de mellora en PO 331 para “compatibilizar actuacións xa que nese mesmo tramo o goberno local debe acometer obras de saneamento e outras acometidas e o que buscamos é non duplicar molestias e esforzospara os empresarios da zona”.

O alcalde estivo acompañado nesta comisión de urbanismo por Alfonso Botana, responsable do equipo redactor da novo PXOM de Gondomar, quen deu conta dos pasos dados ata o momento na súa tramitación. Cabe destacar a concesión de 135 licenzas de obra, así como a integración dos núcleos delimitados no futuro texto pendente xa do Informe de Avaliación Ambiental Estratéxico, remitido xa á Xunta de Galicia.

Dende a Consellería de Medio, Territorio e Vivenda someteuse a consulta pública por un período de dous meses, que finalizará o próximo día 23 de novembro, tempo no que se recollerán as distintas suxestións ou observacións que se presenten aodocumento.  O equipo redactor mostrou a súa confianza en que antes de que termine o ano o documento obteña o visto e prace do goberno galego, “de maneira que no primeiro trimestre do 2021 poderemos levar o PXOM a aprobación inicial e abrir o período de exposición pública”, manifestou Paco Ferreira.

O alcalde asegurou que o seu obxectivo é seguir traballando nesta liña na que “queremos contar coa oposición, pero tamén coa opinión de todos os axenteseconómicos e sociais de Gondomar, porque precisamente é o futuro da localidade o que estamos a deseñar”. Subliñou que a urbanización do polígono poñerá ao dispor do sector industrial 600.000 metros cadrados e dará traballo a máis de 7000 persoas, o que supoñerá sen dúbida beneficios para o municipio que “está chamado a crecer e a converterse nun referente como opción residencial non só na nosa comarca se non tamén para Vigo”, engade Paco Ferreira.

O PXOM sobre o que se traballa fixa un crecemento do número de vivendas de máis dun 60%, “unha previsión realista porque os cálculos están realizados en función da evolución demográfica dos últimos anos”. Estímase que serán máis de mil as que se construirán no núcleo urbano, mentres que nos rurais resérvanse máis de 3000 construcións, e o resto, repartidas entre urbanizacións específicas que haberá que desenvolver. 

O documento destina ao sistema xeral de espazos libres e zonas verdes un 20,43% da superficie, superior ao mínimo esixido pola lei, e a clasificación de chan proposto incrementa a superficie ocupada por espazos naturais como chan rústico de especial protección como é o caso da Serra do Galiñeiro, A Fraga dá Oliveira ou a Foz do Miñor. 

 

98311d9f-60b8-4acf-9f8c-15e0edba74ee.jpg