^ Ir arriba

novas

Monday, 28 September 2020 17:27

Gondomar retira máis de 1000 quilos de residuos na xornada de limpeza dos ríos

​O goberno local, a través da súa concellería de Medioambiente, mostrou a súa satisfacción pola colaboración obtida por parte da veciñanza que se sumaron este domingo á iniciativa “Proxecto Ríos”, que organiza a asociación ecoloxista ADEGA, e na que o  concello participa desde fai xa 13 edicións.

 ​Máis de  mediocentenar de persoas déronse cita á primeira hora da mañá no punto de partido, en Ponte de Ánimas, para coordinar os diferentes grupos que ían participar na limpeza do río Miñor, desde a Ponte de Mañufe ata a Ponte do  Beco; así como os afluentes Rasas e Morgadáns. 

 Un ano máis foron diferentes os residuos que se retiraron tanto das beiras como do propio río, destacando entre eles a aparición por primeira vez das máscarascirúrxicas, varios pneumáticos, un tambor de lavadora e grandes cantidades de plástico, sacos de entullos ou bolsas, enterradas no fondo do río ou entre as ramas da vexetación da súa contorna.

 Dende o concello agradecen a colaboración de todos os voluntarios e voluntarias  que este domingo sumáronse á actividade e insisten na necesidade de seguir apoiando iniciativas destas características e campañas de sensibilización para lograr “que os ríos deixen de ser un lugar no que lanzar verteduras, e a xente tome conciencia de que é necesaria a seu defensa, así como a de todo a súa contorna”.

 Nesta ocasión tamén participaron na xornada integrantes da Asociación  Galaicosquad Val Miñor, que  desinteresadamente, ofrecéronse a ir recollendo durante a mañá as bolsas e residuos que os voluntarios depositaron en puntos sinalados previamente para así poder trasladalos con máis facilidade.

af64ea1d-1504-4d1f-acd3-9bf9cf345a18.jpg