^ Ir arriba

novas

Tuesday, 22 September 2020 11:31

Gondomar invita a veciñanza a participar no “Proxecto Ríos” e protexer o entorno natural do municipio

O concello de Gondomar adhírese un ano máis ao “Proxecto Ríos” e á limpeza simultánea que os seus organizadores, a asociación ambiental ADEGA, desenvolverán o próximo 27 de setembro en diferentes municipios de Galicia. 

 Dentro da aposta clara e firme do goberno local por fomentar iniciativas que permitan defender o medioambiente e a contorna natural, nesta ocasión a actividade será coordinada pola concellería de Medioambiente dende a que se anima a veciñanza a que se sume á limpeza do río Miñor e afluentes.

         Os interesados en participar poderán inscribirse chamando ao teléfono 986 360125 ou no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., onde deberán deixar o seu nome e apelidos completos e o DNI. No caso de menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto que se responsabilice deles.

A limpeza comezará ás 10.00 da mañá do domingo 27 de setembro e o punto de encontro será a Ponte de Ánimas. Os voluntarios e voluntarias recibirán máscaras conmemorativas da xornada, bolsas e luva, así com unha pequena merenda, ofrecida polo concello, ao remate da actividade.  

Dende a concellería de Medioambiente sublíñase a importancia destas accións como un elemento fundamental para afondar na educación e sensibilización ambiental dos cidadáns. “A pesar dos avances logrados nos últimos anos e a mellora da calidade dos nosos ríos, “queda moito traballo que facer”, afirma o edil Brais Misa, quen lembra que nese camiño continuará actuando o goberno local. 

Na edición do pasado ano do “Proxecto Ríos” os voluntarios retiraron un total de 800 quilos de residuos das ribeiras e do leito do río Miñor e as desembocaduras do Zamáns e do Morgadáns.

cartaz_2020_mollate_ (1).jpg