^ Ir arriba

novas

Saturday, 19 September 2020 11:32

Gondomar reanuda o itinerario formativo de elaboración artesanal de conservas

Durante o mes de setembro terá lugar este curso que tivo que ser suspendido o pasado mes de marzo tras a declaración da alerta sanitaria como consecuencia da pandemia da COVID 19.

 A iniciativa desenvolverase finalmente en dúas quendas cun total de 15 asistentes en cada unha delas. O primeiro terá lugar entre os días 21, 22 e 23 de setembro, e o segundo os días 28, 29 e 30 do mesmo mes. En ambos os casos cumpriranse de forma rigorosa as medidas de seguridade tanto nos espazos que os acollerán como nas medidas persoais, sendo obrigatorio o uso de máscara. 

O curso, que se enmarca dentro das actividades que organiza a concellería de Formación, é gratuíto e organizado pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Nesta ocasión búscase formar aos participantes para lograr dotar de máis valor no mercado aos produtos do sector primario a través da súa transformación e comercialización. 

Non se abrirá período de inscrición xa que se contará coas persoas que solicitaron participar no pasado mes de marzo e non puideron facelo por mor da pandemia.

39112554-1f66-4d46-9fb2-4f4454808ef1.jpg