^ Ir arriba

novas

Monday, 07 September 2020 19:02

​A carpa informativa sobre compostaxe sae de novo á rúa en Gondomar

Informar de primeira man as vantaxes que a reciclaxe dos residuos orgánicos xeran no noso  medioambiente e na economía local son algúns dos obxectivos desta nova acción, que se desenvolverá coincidindo coa celebración do mercado semanal. 

 ​Entre as 10.00 e as 13.00 horas deste martes 8 de xullo, instalarase unha carpa ante o Centro  Neural na que a mestra composteira de Gondomar e técnicos da Deputación Provincial informarán sobre o proceso de compostaxe, as súas vantaxes e animará á veciñanza para solicitar un composteiro individual no que reciclar os residuos orgánicos que xeran nas súas vivendas, unha iniciativa que tivo unha gran acollida no municipio no que se repartiron xa máis de 240 contedores para este fin.

 Ademais informarán sobre a existenza e o funcionamento dos dous centros comunitarios que existen en Gondomar, situados no Parque das Ánimas e xunto ao supermercado Froiz, que dan servizo aos residentes en edificios do centro do municipio. 

 Na carpa ofrecerase unha visión completa da política ambiental que se está desenvolvendo no concello, informando sobre o proceso de xestión dos residuos en Gondomar e o correcta reciclaxe que se pode facer deles empregando os colectores e diferentes medios que o goberno está a poñer a disposición dos veciños.

 A actividade informativa enmárcase dentro das campañas que se desenvolven no marco do Plan Revitaliza ao que está adherido o  concello de Gondomar.

 

 posto-informativo-Gondomar.jpg