^ Ir arriba

novas

Thursday, 03 September 2020 10:15

Ferreira despide aos participantes do minicampamento de igualdade “Cocreando”

​A iniciativa, que se desenvolveu durante o mes de agosto, propuxo aos seusparticipantes iniciativas e xogos cuxo obxectivo principal era sensibilizar ás novas xeracións na loita pola igualdade.

 Organizados pola concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, e financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra, estes minicampamentos marcáronse como obxectivo prioritario “alentar o pensamento crítico nos seusparticipantes, facéndolles cuestionar os roles establecidos na sociedade por razón de sexo”.

Así mediante xogos, concursos ou vídeos os participantes podían descubrir e debater sobre os estereotipos sociais que están plenamente integrados no noso día a día e sobre os que se busca que se senbilicen para lograr que a igualdade entre homes e mulleres sexa unha realidade. 

Os minicampamentos desenvolvéronse no mes de agosto en dúas quendas cunmáximo de 10 participantes en cada unha delas, sempre cumpríndose as medidas hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades competentes na materia.

38db6b2b-b42b-42d6-b30e-0cc54ab61d18.jpg