^ Ir arriba

novas

Wednesday, 26 August 2020 10:46

Gondomar ofrece á Xunta de Galicia espazos educativos para facilitar o cumprimento de ratios na volta ao colexio

A iniciativa, proposta polo alcalde e apoiada pola oposición, propón recuperar as antigas escolas unitarias do municipio e apostar por unha educación máis próxima.

 O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, poñerá ao dispor da Xunta de Galicia as instalacións das antigas “Escolas unitarias” do municipio para o seu uso na volta ao cole o próximo mes de setembro, e así favorecer a repartición de alumnos en máis aulas garantindo, na medida da posible, un ratio inferior nas clases como recomendan as autoridades sanitarias ante o avance dos rebrotes da COVID19.

Tal e como expuxo na reunión, celebrada este luns, ofreceránse un total de 7 centros, concretamente, as instalacións das escolas de San Cibrán, Moreiras e Nande(Mañufe), Borreiros, Prado, Vilas e Fraga, ao que se suman tamén espazos públicos como a Casa da Cultura ou os pavillóns municipais “se a consellería de Educación requiríseo”. 

“Isto permitiría desconxestionar as aulas escolares do municipio, achegarnos a cocientes menores e contar con espazo necesario para establecer as distancias mínimas interpersoais nas clases, traballando por unha volta ao cole o máis segura posible para o alumnado”, sinalou Paco Ferreira. Ademais, “é unha oportunidade para recuperar e implantar modelos educativos cun ensino máis próximo e descentralizado que apostenpolo rural e a súa revitalización”, engadiu o rexedor. 

Como referente destaca a existencia no municipio de cinco Colexios de Agrupación Rural (CRA) (Vilaza, Chaín, Couso, Guillufe, Peitieiros e Chaín), cunhaaposta clara por “unha educación viva e activa”, destacando o potencial do entorno natural e os elementos que ofrecen como base de inspiración do proceso creativo do alumnado.

Confía en que a Consellería de Educación acepte esta iniciativa e insiste en que neste momento é prioritaria “a colaboración entre administracións. Como alcalde ecomo goberno faremos todo o que estea nas nosas mans para ofrecer a máxima seguridade aos nosos veciños e veciñas”, conclúe Paco Ferreira.

D44NHYAKPZF6FP4P7NMNMCB3JY.jpg