^ Ir arriba

novas

Tuesday, 18 August 2020 21:18

Gondomar informa aos veciños sobre a súa obrigación de manter limpas as leiras para evitar o risco de incendios

O goberno local, a través da concellería de Medio, distribuirá preto de 3000 dípticos que lembran a obrigación dos veciños de manter limpas as súas propiedades para evitar que os incendios poidan achegarse a zonas habitadas, máxime nestes meses en de máximo risco.

 ​O díptico, recolle de forma gráfica e clara, as distancias mínimas que deben manterse entre as masas arbóreas e novas plantacións nos diferentes ámbitos nos que é responsabilidade dos veciños a limpeza. 

 Así, por exemplo, sinálanse os metros que deben manterse libres en perímetros urbanos, núcleos rurais e chans urbanizables delimitados; no caso das autoestradas ou estradas convencionais; ou, a superficie que debe manterse limpa no caso de vivendas illadas, depósitos de lixo, canles fluviais ou cultivos agrícolas entre outros.

 “Dunha maneira gráfica e sinxela queremos que os veciños teñan a información necesaria e lembren a súa responsabilidade na loita contra os incendios forestais. É un traballo común, de toda a sociedade e non só das administracións”, afirma o alcalde Paco Ferreira.

 Ademais nos dípticos facilítanse teléfonos de contacto cos organismos pertinentes para resolver calquera dúbida que poida existir, así como un recordatorio dos lugares nos que non se pode plantar e que especies están autorizadas pola lei. 

 

ed551fdb-5d1a-421d-9936-0d7d1d9d3a93.jpg 3c3889ab-2141-426c-b142-9b955c827f27.jpg