^ Ir arriba

novas

Tuesday, 07 July 2020 16:32

Gondomar reforza o seu persoal coa incorporación de 18 novos traballadores

recepción operarios 7.jpg

O alcalde, Paco Ferreira, fai fincapé na necesidade de adoptar as medidas necesarias para xerar emprego no municipio “facilitando o acceso a un traballo a aquelas persoas que máis o precisan”.

 O concello de Gondomar a través de diversas subvencións apostou pola xeración de emprego “porque vivimos momentos difíciles neste sentido”. Desta forma, dependendo do caso, 18 persoas incorpóranse ao persoal durante seis ou nove meses ocupando diferentes funcións, segundo as necesidades.

Nesta ocasión, a través de diferentes subvencións, contratáronse 11 peóns de obra pública, dous auxiliares administrativas, 1 padeeiro, e un tractorista. Tamén se sumará unha técnica para a área de turismo, unha enxeñeira forestal, e unha  mestra  composteira. Esta última traballadora, contratada no marco do Plan Revitaliza da Deputación Provincial, inicialmente ten un contrato por un ano.