^ Ir arriba

novas

Friday, 19 June 2020 12:56

Gondomar facilita as vistas aos veciños e visitantes no “Balcón do Val Miñor”

balcon val miñor.jpg

O prometido é débeda e en Padro, na Paroquia de Morgadáns de Gondomar, luce xa un banco para todos os veciños e visitantes que queran achegarse ata este lugar coñecido como “O Balcón do Val Miñor”, e poidan descubrir unha fantástica paixase.

O concello de Gondomar xunto coa Entidade Local de Morgadáns atende así unha demanda histórica por parte dos veciños do municipio, e que agora é unharealidade que permitirá gozar a todos das maravillosas vistas da Ría de Vigo, Baiona ouas Cíes, nunha contorna única como son os espazos naturais e verdes do municipio de Gondomar.