^ Ir arriba

novas

Wednesday, 17 June 2020 18:16

​Normas de xestión e permisos para as chacherelas/sardiñas privadas

 

306701_fuego-hoguera.jpg

​O concello de Gondomar, a través do seu departamento de Medioambiente e Transición Ecolóxica, lembra que tal e como recolle o bando firmado polo rexedor, Paco Ferreira, este ano as cacharelas públicas non se celebrarán, ante a prohibición de celebrar eventos populares, tal e como recolle o DOG como medidas de prevención vixentes ata o 30 de xuño.

​Só poderán celebrarse en terreos de propiedade privada promovidas exclusivamente por particulares e suxeitas as seguintes normas e requisito:

• Presentación da solicitude de comunicación previa segundo o modelo oficial publicado na web do concello e presentar no Rexistro (presencial outelemáticamente) antes das 00.00 horas do 21 de xuño.
• Adxuntar memoria descritiva que inclúa o material a queimar, a distanza ásvivendas e á masa forestal máis próximas; plano da situación do espazo onde ubicarase a cacharela, e, fotocopoia do seguro combinado do fogar e último recibo de pago.
• Adoptar as medidas de prevención e seguridade, mantendo as distancias dasvivendas e masas arbóreas ou zoas vexetais susceptibles, establecidas por lei.
• Caracteríticas das cacharelas: En zona urbana non poderán exceder 2 metros de diámetro e 6 metros de perímetro, e ningún caso un metro de altura. Na zona rural non excederán os 3 metros de diámetro ou 9 de perímetro e en ningún caso superará os 3 metros de altura. 
• Deberá cumprirse a medida de distancia interpersonal de 1,5 metros establecida no Real Decreto de medidas de prevención, contención e coordinación do COVID-19. Se non fose posible deberán empregarse máscaras.