Ante o regreso a actividade do pequeno comercio e con el a reapertura das copisterías, o concello pon fin ao servizo de fotocopias e entrega de deberes a estudantes do municipio.
Conclúe esta actividade excepcional que se puso en marcha durante o periodo do confinamento motivado pola alarma sanitaria para axudar a aquelas familias que non dispoñían dos medios necesarios para que os seus fillos e fillas tiveran acceso ao material escolar que precisaban e se lles facía chegar dende os colexios e institutos semanalmente.