^ Ir arriba

novas

Wednesday, 29 April 2020 19:10

Fase de desescalada do confinamento

Dende o pasado domingo as fases de desescalada do confinamento por mor da alerta sanitaria están en marcha e completarase, tal e como comunicou nas últimas horas o Goberno de España, nas próximas semanas de forma progresiva e asimétrica, prolongándose ata o mes de xuño. A desescalada desenvolverase en catro fases e a provincia será a unidade territorial de medición. A duración de cada unha das fases será de como mínimo dúas semanas e o avance irá condicionado a indicadores de saúde pública e á evolución dos datos. Durante este periodo estará prohibido o desprazamentos entre provincias. As autoridades sanitarias lembran a importancia de manter as normas de hixiene e distanciamento social en todo momento, e apelan a responsabilidade individual no cumprimento do calendario establecido así como tódalas normas como único medio de garantir non dar pasos atrás na loita que estamos a manter contra o coronavirus e o sue contaxio

 

Fases desescalada Concello de Gondomar.jpg