^ Ir arriba

novas

Thursday, 23 April 2020 19:35

Os alumnos do Conservatorio Municipal Gondomar cantan para os seus veciños

O alumnado e persoal do Conservatorio Municipal de Gondomar non descansou durante este tempo de confinamento e desde os seus domicilios gravaron un vídeo co que agradecer agradecer o esforzo que, non só eles e elas, se non todos os veciños do municipio, están a realizar durante o estado de alarma sanitaria que vive o país.

A pesar de que a asistencia a clase suspendeuse o pasado 14 de marzo, tras a publicación do decreto nacional que obrigaba a permanecer en casa, desde a institución municipio expúxose desde o primeiro momento un plan de traballo dinámico e diversificado que garantise que os alumnos poderían seguir avanzando na súa aprendizaxe das distintas materias, á vez que se divertían.

Así dirección e profesorado durante estas semanas impartiron clases a través de videoconferencias e organizando teleconciertos, retos e a gravación colectiva de vídeos dos alumnos cantado, buscando en todo momento que a súa formación académica continuase á vez que se garantían intres de diversión e entretemento.

Froito deste esforzo e traballo lanzaron nas redes sociais do concello o seu primeiro traballo gravado desde as casas, na que animan á poboación para permanecer nelas ao ritmo do tema “ Take me Home” de John Denver.

Media