^ Ir arriba

novas

Friday, 29 November 2019 17:06

Gondomar celebrará o Gran Prix Financeiro, potenciando pautas de consumo responsable entre os máis pequenos

Coñecer o valor do diñeiro, saber escoller entre unha necesidade ou un desexo ou promover o aforro son algúns dos obxectivos do Gran Prix Financeiro que, a través da Concellería de Xunventude, regresa a Gondomar o próximo 13 de decembro, dirixido a nenos e nenas de entre 10 e 12 anos.
O xogo, enmarcado dentro do programa de educación financeira impulsado por Abanca con Afundación, ten como obxectivo explicar ao público xuvenil que o diñeiro non xorde por encantamento dos moedeiros ou carteiras, así como xestionar o seu uso á hora de asumir un gasto.
Cun taboleiro e situacións divertidas traballarase cos participantes en diferentes cuestións como a importancia da boa xestión dun orzamento, o valor do esforzo, a empatía e responsabilidade social, ao mesmo tempo que se ofrecerán as pautas de consumo responsable.
Todos os interesados en participar poderán inscribirse antes do 13 de decembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), ata que se esgoten as prazas, chamando ao 986.369.746. O Gran Prix financeiro celebrarase en dous horarios diferentes: 16.30 a 18.00 horas, e, de 18.00 a 19.30. horas.

 

grandprix1_842626_manual.png