^ Ir arriba

novas

Monday, 02 September 2019 14:33

Novo curso para desempregados

O Concello de Gondomar pon en marcha un novo curso para desempregados.

O curso aposta por fomentar as políticas activas de emprego, que faciliten a formación e inserción laboral dos veciños/as que se encontren desempregados.
En esta ocasión a actividade formativa está orientada a formación como “operario de loxística e produción”, requirindo como mínimo a formación en graduado escolar ou equivalente. O curso, sufragado integramente polo goberno local, facilitará a os participantes os coñecementos teórico/prácticos en procesos industriais, de loxística e almacén, prevención de resgos laborais e a formación no manexo de carretillas elevadoras.


O prazo de inscrición estará aberto dende o 2 de setembro e finalizará o día 10 de setembro. Os interesados/as poderán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, ou ben, contactando co departamento de emprego no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou no teléfono 986 384 020.