^ Ir arriba

novas

Wednesday, 19 June 2019 10:55

Primeira presentación Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Recentemente a empresa GAU Gabinete de Arquitectura e Urbanismo SLp foi seleccionada para levar a cabo a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Gondomar.


Moitos de vos xa tedes contactado con nos para achegarnos información e datos concretos de mobilidade e mesmo accesibilidade, especialmente nos centros educativos. Outros tedes participado na enquisa online que temos en redes sociais así como na web do concello.

 

O vindeiro dia 27 de xuño, as 19.30, xoves, no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar faremos unha primeira presentación dos obxectivos e metodoloxía do Plan. É moi útil a vosa participación neste evento para seguir avanzando no mellor Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Gondomar.

 

Gau  Arquitectura e Urbanismo SLp
rúa Círculo das Artes 18, 27002 Lugo
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
https://twitter.com/GondomarPmus
https://www.facebook.com/PmusdeGondomar/
Enquisa: https://goo.gl/forms/YgGkxPrkkNGUh1B12