^ Ir arriba

COVID-19. INFORMACIÓN

COVID-19: Recomendaciones a ter en conta na xesión diaria dos residuos por parte dos veciños/as

XESTIÓN DOUS RESIDUOS DOMÉSTICOS DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS

Desde o goberno local de Gondomar apélase unha vez máis á responsabilidade dos veciños e veciñas do concello, aos que agradecen o esforzo que están a realizar á hora de permanecer nas súas casas, cumprindo o Decreto de Estado de Alarma aprobado polo goberno de España para frear a propagación do COVID-19.
Nestes momentos a colaboración cidadá é fundamental para garantir a máxima normalidade nos nosos municipios en distintos ámbitos como é o caso da xestión e retirada de residuos domésticos xeramos. Debemos pensar nos traballadores que estes días seguen cumprindo co servizo e garantindo a máxima desinfección aos nosos espazos públicos, e axudar a que a súa labor sexa máis efectiva.
Seguindo as instrucións facilitadas polo Ministerio de Sanidade facilitamos unha serie de pasos a ter en conta na xestión diaria dos residuos por parte dos particulares:

1. RESIDUOS EN FOGARES SEN POSITIVOS
- Separación de residuos como vimos facendo habitualmente.
- Lémbrase a importancia de seguir separando os residuos e depositalos nos seus correspondentes colectores de recollida selectiva.
- As luvas de látex ou nitrilo que se poidan estar a usar por precaución, NON deben depositarse nos contedores amarelos. Deben depositarse no de fracción resto.

2. RESIDUOS EN FOGARES CON POSITIVOS OU EN CORENTENA POR COVID 19
- Os residuos do paciente, incluído material desbotable como luvas ou panos, deben tirarse nunha primeira bolsa que se depositará nun cubo (con tapa) situado na habitación do enfermo.
- Esa primeira bolsa deberá introducirse nunha segunda bolsa (na que se depositarán as luvas e máscara usadas polo coidador) na saída da habitación, PECHÁNDOA ADECUADAMENTE ANTES DE SAÍR DELA.
- Engadir ao resto de residuos domésticos na bolsa de lixo da fracción resto, depositandoa posteriormente no contenedor de rúa.

 

3. RESIDUOS VOLUMINOSOS
- Incidir na importancia de evitar baixar aos contedores aqueles obxectos ou elementos dos que nos queremos desfacer durante estes días, tentando gardalos nas nosas vivendas ata que esta situación volva á normalidade e póidanse depositar nun punto limpo ou establecemento adecuado.
- O lixo acumulado en calquera sitio é un posible foco de infección para tódalas persoas. Actuemos con responsabilidade e minimicemos a exposición doutros a un posible contaxio por coronavirus.