^ Ir arriba
Sunday, 18 November 2018 12:00

Obradoiros Científicos

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar promove por segundo ano consecutivo unha iniciativa para fomentar unha ciencia divertida que esperte a curiosidade .

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro quere achegar á mocidade a ciencia e estimular o gusto polo saber científico.

 

Este ano vanse realizar uns obradoiros distribuídos por idade e temáticas durante os días 7,8 e 9 de decembro no Auditorio Lois Tobio. Levaremos a cabo obradoiros de natureza, de química, creativos, de auga, de fogo, aprenderemos experimentando e de forma amena.

 

Todo o que se anime a participar rematará esta experiencia coa visita a Exposición de Recursos Naturais de Galicia da Escola Técnica Superior Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo.

Para participar tes que chamar a Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX) no 986.369.746 e inscribirte a partir do 20 de novembro e ata rematar aforo.

 

OBRADOIROS CIENTIFICOS 1

Last modified on Friday, 16 November 2018 18:20