^ Ir arriba
Wednesday, 19 September 2018 22:24

Convocatoria extraordinaria de probas dos Celga 2 e 4 para o ano 2018

Convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) dos niveis 1, 2, 3 e 4, que tiveron lugar en maio e xuño de 2018. Tras constatarse un elevado incremento do número de persoas que se presentaron a estas, considérase necesario darlle continuidade á realización deste tipo de probas ao longo deste ano. É por iso que cómpre efectuar unha segunda convocatoria en 2018, co fin de satisfacer a demanda cidadá.

Lugares de realización: Santiago de Compostela e Ponferrada

Datas de realización: entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro de 2018. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.galnova venta).

Prazo de inscrición: do 15 de setembro ao 4 de outubro de 2018

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.galnova venta. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Ligazóns relacionadas
Enlace á Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Celga, sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas

Last modified on Wednesday, 19 September 2018 22:32