^ Ir arriba
Friday, 15 June 2018 23:29

CURSO DJ e PERCUSIÓN

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro organiza dúas actividades centradas na música para o mes de xullo. A música en tódalas súas expresión é unha peza vital no desenvolvemento da mocidade, con ela fomentamos a creatividade e a comunicación.

A primeira é un obradoiro de percusión que se vai levar a cabo do 9 ao 20 de xullo en horario de mañá no Auditorio Lois Tobío. O ritmo traballado co corpo, con instrumentos, todo o que nos rodea pode ser un instrumento en potencia.
Do 23 de xullo ao 3 de agosto porase en marcha un Curso de DJ, si o teu son as mesturas e a música electrónica este é o teu curso, recibirás a formación cun DJ profesional.
Con esta iniciativa a Concellería de Xuventude quere achegar a mocidade a aprendizaxe de distintas formas de facer música.
As inscricións para participar nestes talleres será do 15 ao 28 de xuño , máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar 986.369.746

 

 

Last modified on Wednesday, 20 June 2018 07:38