^ Ir arriba
Saturday, 02 June 2018 08:37

Taller de programación de videoxogos

Do 25 ao 29 de xuño, a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro organiza un taller de programación de videoxogos para os/as mozos/as de 12 a 17 anos.

Con esta iniciativa a Concellería de Xuventude quere achegar a mocidade a aprendizaxe das bases da programación dun xeito lúdico e sinxelo, coa motivación de inicialos e familiarizalos cunha ferramenta imprescindible para o seu futuro. Aprenderán a pensar con creatividade, a traballar en colaboración e a razoar sistematicamente.
Se estás disposto a pasar unha semana diferente do 1-15 de xuño debes inscribirte para participar neste taller. Información das inscricións na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar 986.369.746

Descargas:

MODELO DE SOLICITUDE DO PROGRAMA

AUTORIZACIÓN DE IMAXE

AUTORIZACIÓN DE DATOS

SOLICITUDE DO CURSO

Last modified on Monday, 04 June 2018 20:27