^ Ir arriba
Friday, 18 May 2018 14:50

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA VIAXANDO

Na casa do Concello, en Gondomar, poderás ver a creatividade da mocidade do Baixo Miño e Val Miñor.
Do 18 ao 31 de maio, temos no Concello de Gondomar a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao 11º Certame Fotográfico do ano 2017. Esta exposición reflexan inquedanzas, situacións cotiás, vivencias, intereses da mocidade.

Pásate a visitala e poderás ver de primeira man os traballos presentados por vinte mozos e mozas participantes dos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda, O Rosal, A Guarda, Porriño e a Casa de Xuventude de Tui.
A actividade está organizada polas oito OMIXs do Baixo Miño e Val Miñor e pola Casa de Xuventude de Tui nun traballo en coordinación. É un certame cunha traxectoria que se vai afianzando e sendo un referente para a mocidade con interese pola fotografía.
O gañador do premio do 11º Certame Fotográfico VIAXANDO no ano 2017 foi Daniel Álvarez Fonterosa coa foto “ Namorados no Interrail” presentada na Casa da Xuventude de Tui.
Noraboa Daniel!!!

Last modified on Monday, 21 May 2018 22:54