^ Ir arriba
Saturday, 10 March 2018 10:57

Programación de actividades do OMIX para o ano 2018

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar dirixida por Nuria Lameiro Valverde, invita a toda a mocidade do concello  a pasarse pola OMIX de Gondomar e informarse do abano de accións que temos en marcha para este ano 2018.

Propomos a mocidade accións formativas, culturais, educativas e de ocio de diversa índole. Arrancamos con accións formativas, no mes de marzo estase levando a cabo  un curso de tramitación electrónica, un curso de operador/a de carretillas elevadoras, en maio animación hospitalaria infantil e para outubro un curso de operario/a industrias alimentarias.

En canto accións culturais e educativas presentaremos no mes de abril  o XII Certame Fotográfico Viaxando, para o mes de xuño un taller de programación de videoxogos, no mes de xullo un curso de DJ e outro de percusión e por último uns obradoiros científicos para o mes de novembro. Dentro das accións de ocio ofrecemos dúas actividades de ocio en familia repetiremos a Gymkana este ano con temática medioambiental e un día de aventura en familia nun parque de multiaventura.

A Concellería de Xuventude irá informando puntualmente dos prazos de inscrición para poder participar .

Non queremos esquecernos de dous programas moi interesantes para a mocidade e  que durante todo o ano os podes xestionar dende a Omix. Un é ,o Carné Xove; un carné para que  os mozos e mozas de 12 a 30 anos obteñan  un desconto nos distintos comercios adheridos a nivel local, autonómico, nacional e europeo, en Gondomar temos 25 comercios adheridos ata o de agora,  en breve realizaremos unha campaña de difusión. E o outro programa é o de Garantía Xuvenil, a OMIX de Gondomar é unha oficina SIJ  na que a través des iniciativa europea se pretende facilitarlles o acceso ao mercado laboral.

Pásate pola OMIX e infórmate , tamén podes chamar ao 986,369,746