^ Ir arriba
Saturday, 24 February 2018 12:07

Curso operador/a carretillas elevadoras.

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar oferta a mocidade deste concello a posibilidade de ampliar as súas opcións laborais.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro resolveu por en marcha un curso de operador/a de carretillas elevadoras para capacitar os asistentes no seu manexo, formar na prevención de danos e degradacións do material transportado e transmitir un conxunto de boas prácticas. O curso terá unha duración de 30h, das cales vinte serán prácticas.
Se estás interesado nesta formación terás que inscribirte cubrindo a documentación do 26 de febreiro ao 8 de marzo e entregala no rexistro do Concello de Gondomar. O curso realizarase do 12 ao 27 de marzo en horario de tarde.
Para máis información chamar a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no 986.369.746 

DESCARGAS:

Solicitude do curso 

Autorización de datos

Last modified on Wednesday, 28 February 2018 11:24