^ Ir arriba
Tuesday, 16 January 2018 19:07

RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL OU FORMACIÓN NON FORMAL

O Instituto Galego das cualificación da dirección xeral de orientación e promoción laboral convoca en Galcia o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas
a través da experiencia laboral ( Nivel 2-3 competencias deben xustificar 3 anos de experiencia cun mínimo de 2.000h traballadas nos últimos 10 anos) ou da formación non formal ( nivel 2-3 competencias deben xustificar polo menos 300h nos últimos 10 anos).

CUALIFICACIÓN PROFESIONAIS: as que podes solicitar participar no proceso de asesoramento, avaliación e acreditación son:
 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
 Servizos para o control de pragas
 Xestión de servizos para o control de organismos novicios
 Socorrismo en espazos acuáticos naturais
 Socorrismo en instalacións acuáticas
 Tanatopraxia
 Confección e mantemento de artes e aparellos

DATA: presentación solicitudes ata 26/01/2018 , preferiblemente vía electrónica https://sede.xunta.gal
Informa DOG 27/12/2017