^ Ir arriba
Wednesday, 20 December 2017 20:18

OFERTA CURSOS GRATUÍTOS, CON PRÁCTICAS EN EMPRESAS E CERTIFICADO PROFESIONAL OFICIAL

A Xunta de Galicia e o Sistema de garantía xuvenil convocan cursos gratuítos con prácticas en empresas e certificado profesional oficial. 

CONTIDO: para poder incrementar as posibilidades de atopar un traballo, este programa pon a disposición unha oferta formativa de calidade e gratuíta, orientada a actividades profesionais que están a xerar emprego, con prácticas en empresas que permiten entrar en contacto co ámbito laboral, e a obtención dun certificado profesional oficial que melloraría a vosa cualificación e empregabilidade. REQUISITOS: ter menos de 30 anos, estar en situación de desemprego, estar inscrito/a no servizo público de emprego e estar rexistrado/a no Sistema de Garantía Xuvenil (para rexistrarte no Sistema Garantía Xuvenil podes facelo no teu punto SIJ na Omix de Gondomar ). PRAZO: se cumpres estes requisitos e che interesan os cursos tes que ir a túa oficina de emprego para solicitalo. TES ATA 26 DECEMBRO 2017. CURSOS PONTEVEDRA: INFO: Oficinas de emprego Servizo Orientación e Promoción laboral Vigo : 986.817.064 986.817.087
Last modified on Wednesday, 20 December 2017 21:20