^ Ir arriba
Tuesday, 10 October 2017 18:20

Museo científico os días 3, 4, e 5 de novembro en Gondomar.

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar organiza do 3 ao 5 de novembro un MUSEO CIENTÍFICO.
A concellería, dirixida por Nuria Lameiro quere achegar á mocidade a ciencia e estimular o gusto polo saber científico.

Todo o que se anime a participar desta actividade poderá ver, explorar, tocar e espertar a súa curiosidade guiado pola man de profesionais que aportarán explicación sinxelas a preguntas como; por que flota un barco?, por que voa un avión?, como se mergulla un submarino?, a comprensión do funcionamento de certos obxectos, etc.
Con esta actividade chegaremos a conclusión de que a ciencia está ao noso alcance e romperanse as barreiras da incomprensibilidade.
Do 3 ao 5 de novembro e co lema “ PROHIBIDO NON TOCAR” , poñemos a vosa disposición un museo científico con máis de 70 obxectos que nos achegarán a ciencia dunha maneira atractiva, interactiva e práctica.
Para participar tes que chamar a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no 986.369.746 e inscribirte. Espertade a vosa curiosidade.
Información na OMIX Gondomar 986.369.746

Last modified on Wednesday, 18 October 2017 21:17