^ Ir arriba
Wednesday, 20 September 2017 10:16

Programa Xuventur

Que é Xuventur? Programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fins de semana para a adquisición de competencias e habilidades, fomentar o coñecemento da riqueza natural , o coidado do ambiente.

Quen pode participar? Mozos/as de 18-30 anos.
Que inclúe? O programa desenvolverase no mes de outubro, e inclúe aloxamento gratuíto, manutención completa, programa de actividades e equipo técnico.
INSCRICIÓNS: nos teléfonos 881.999.025 ou 981.545.293, por orde de chamada e ata esgotar todas as prazas.
ROTAS:
ECOTURISMO: Carnota (Coruña)orientación , Xeocaching, etc
APRENDENDO A EMPRENDER: Fragas do Eume (Coruña) coñecemento Lean Startup, dinámica PNL
TURISMO E NATUREZA: Os Ancares, achegamento mundo dos osos, bioblitz, observación astronómica e de aves, etc
ESTADÍAS CREATIVAS: Seoane do Courel, turismo creativo en equipo.
COÑÉCETE A TI MESMO: Manzaneda, Achegamento ás bases do coaching e programación neurolingüística.
XUMÉRXETE NO XURÉS: Parque natural Baixa-limia. . Orientación nocturna, escalada, roteiros, travesía en kaiak, etc.

Last modified on Wednesday, 20 September 2017 10:30