^ Ir arriba
Wednesday, 14 June 2017 10:35

220 Prazas en residencias xuvenís para mocidade que estude ou traballe.

Convócase para o curso académcio 2017/18 , en réxime de concorrencia competitiva 220 prazas nas residencias xuvenis dependentes da Consellería de Política Social destinadas a mozos e mozas que por razóns de estudo ou traballo se vexan na obriga de permanecer fóra do concello onde teñen a súa residencia habitual.

REQUÍRESE: No caso de estudantes ter entre 16-30 anos a data de 31/12/2017, cursar estudos de formación profesional, ciclos formativos, bacharelato, estudos universitarios e que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos seus estudos.
No caso de mocidade traballadora que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante, que o contrato de traballo teña unha duración mínima de 3 meses contados dende a data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Ter 16-30 anos.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 13 de xullo de 2017.

As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

DOGA Num.11 do 13 de Xullo

 

 

Last modified on Thursday, 15 June 2017 10:20