^ Ir arriba
Monday, 03 April 2017 13:33

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” finaliza as súas actividades.

Written by
Rate this item
(0 votes)

Valmiemprega Xove, Obradoiro de Emprego promovido polo Concello de Gondomar en colaboración cos municipios de Baiona e Nigrán, e que conta co cofinanciamento de Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, ven de rematar as súas actividades.

No acto de clausura oficial, celebrado en Gondomar, participaron os alcaldes dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona, así como a Secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo, sendo entregados diplomas e certificacións ao alumnado participante.
Ao longo destes seis meses de execución formáronse na especialidade de “Promoción turística local e atención ao visitante” un total de 15 alumnos-traballadores, que combinaron as actividades de formación con actividades prácticas de obra e servizo relacionadas con esta materia, entre as que salientan as tarefas de analise territorial, estudio da situación do sector turístico no Val Miñor, información e guiados turísticos, preparación de materiais informativos e promocionais, execución de actividades dirixidas aos colectivos escolares é a cidadanía en relación cos recursos turísticos, etc.
Coa formación recibida os alumnos e alumnas formados neste obradoiro poderán obter o certificado de profesionalidade que os habilita para traballar neste ámbito, o que ven a complementar e reforzar a súa formación previa e incrementar as súas posibilidades de inserción laboral.

Read 8134 times Last modified on Tuesday, 04 April 2017 21:51