^ Ir arriba
Monday, 22 August 2016 13:09

Convocatoria de bolsas para Estudos Posobrigatorios. Curso 2016/2017 Featured

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para estudantes que no curso académico 2016-2017 cursen ensinanzas posobrigatorias con validez en todo o territorio nacional. A convocatoria realizouse segundo Resolución de 11 de agosto de 2016, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades (publicado o extracto da Resolución no BOE nº195, de 13 de agosto de 2016).

ENSINANZAS COMPRENDIDAS:

 

1.- Ensinanzas posobrigatorias e ensinanzas superiores non universitarias:

 

►Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

►Ensinanzas artísticas profesionais.

►Ensinanzas deportivas.

►Ensinanzas artísticas superiores.

►Estudos relixiosos superiores.

►Estudos militares superiores.

►Estudos de idiomas en Escolas Oficias de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia.

►Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas estas ensinanzas.

Formación Profesional básica.

 

2.- Ensinanzas universitarias:

 

►Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.

►Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico

e Arquitecto Técnico.

►Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.

Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou

para proseguir estudos oficiais de licenciatura.

 

NOTA: Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática na sede electrónica do Ministerio no enderezo

https://sede.educacion.gob.es/

 

Información no seguinte enlace: http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/mc/becas/2016/presentacion.html

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

 

Ata o 3 de outubro de 2016, para os niveis NON universitarios

Ata o 17 de outubro de 2016, para os niveis universitarios

Last modified on Wednesday, 24 August 2016 01:05