^ Ir arriba
Wednesday, 10 August 2016 10:13

Bolsas de práctica laboral Diputación de Pontevedra Featured

Convocatoria de 400 Bolsas de práctica laboral en empresas privadas da Provincia de Pontevedra.

As bolsas de práctica laboral están destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación.

Nas Bases reguladoras da convocatoria, publicadas no BOP do 10/08/16 (http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2016/08/10/2016031221) figuran as titulacións, o número de bolsas que se convocan para cada unha de elas e as empresas nas que se desenvolverán as prácticas.

Nas bases figuran asimesmo, entre outros, os requisitos dos aspirantes e o procedimento para a presentación das solicitudes.

O proceso de selección dos bolseiros desenvolverase en dúas fases:

1ª fase: Baremo dos méritos acreditados polas persoas interesadas.

2ª fase: Proba tipo test, de carácter obrigatorio e non eliminatorio, con preguntas que versarán sobre as materias especificadas nas Bases.

As bolsas terán unha duración de 6 meses, podendo ser obxecto de prórroga por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes será de VINTE (20) días NATURAIS, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO.

Last modified on Thursday, 18 August 2016 12:43