^ Ir arriba
Monday, 01 March 2021 18:22

Xuventude ofrece cursos adaptados ás necesidades xeradas tras a pandemia

O departamento do goberno de Gondomar, dirixido por Nuria Lameiro, desenvolverá unha acción formativa de preparador/ra en liña, respondendo á necesidade de persoal para atender o incremento do comercio online xerado pola pandemia.
A actividade dirixida á mocidade de entre 17 e 35 anos do concello de Gondomar busca dotar de formación básica a quen ocupará un posto nas novas profesións que están a aparecer no mercado e para as que non existe unha formación regrada pero si se precisan uns coñecementos básicos.
O prazo de inscrición para os interados/as permanecerá aberto desde este mércores, día 3 de marzo, ata o 16 de marzo, fixándose o inicio do curso o día 22 de marzo. Deberán presentar no Rexistgro Municipal ou a través da Sede Electrónica do concello a solicitude xunto os anexos dispoñibles en www.concellodegondomar.gal ou na oficina da Omix (que tamén se pode remitir a través do correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.).
O alumnado recibirá unha formación de 100 horas (30 teóricas e 70 prácticas) nas que prepararanse para desempregar o proceso de “picking”, é dicir, selección de produtos adquiridos por un cliente vía online, comprobrar o seu estado, preparalo, etiquetalo e finalmente embalalos.

Anexo I - Solicitud

Anexo II - Autorización datos

Anexo III - Compromiso Covid

Last modified on Monday, 01 March 2021 18:22