Contratación de 20 traballadores/as a través da liña 3, emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2018. Finaciado pola Deputación de Pontevedra con 218.552,34 €.
O Plan Concellos 2018 está financiado con fondos propios da Deputación de Pontevedra destinado á colaboración nas obras e servizos de competencia municipal dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, durante este ano se formalizaron 20 contratos de 8 meses de duración: 13 peóns Obras Públicas, 1 ferreiro, 1 electricista, 1 conserxe, 2 conductores, 1 aux advo e 1 técnico turismo.
Un dos eixos principais deste plan é o Emprego (liña 3 do plan). En calquera concello, con independencia do seu nivel de desenvolvemento, a base para impulsar de forma crecente e sostible a prosperidade, a cohesión e a inclusión social é contar cunha oferta suficiente de emprego. Por iso este Plan permite que os concellos destinen unha parte importante da cantidade que lles corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no servizo público de emprego, sempre respectando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e a debida adecuación salarial á cualificación profesional dos postos que se van cubrir, co límite mínimo do salario mínimo interprofesional que estea vixente en cada momento.
Co motivo do día mundial haberá postos de información e revisión o día 1 de decembro na Praza de Abastos.
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar promove por segundo ano consecutivo unha iniciativa para fomentar unha ciencia divertida que esperte a curiosidade .
A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro quere achegar á mocidade a ciencia e estimular o gusto polo saber científico.
Este ano vanse realizar uns obradoiros distribuídos por idade e temáticas durante os días 7,8 e 9 de decembro no Auditorio Lois Tobio. Levaremos a cabo obradoiros de natureza, de química, creativos, de auga, de fogo, aprenderemos experimentando e de forma amena.
Todo o que se anime a participar rematará esta experiencia coa visita a Exposición de Recursos Naturais de Galicia da Escola Técnica Superior Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo.
Para participar tes que chamar a Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX) no 986.369.746 e inscribirte a partir do 20 de novembro e ata rematar aforo.
O Programa TECENDO LAZOS 2018 da Deputación de Pontevedra chega a Gondomar cun obradoiro interxeracional no ámbito do lecer e o tempo libre.
A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro oferta da través do Programa TECENDO LAZOS 2018 da Deputación de Pontevedra o obradoiro RISA e MOVEMENTO.
A proposta e que os días 24,26,27,28,31 de decembro e 2,3,4 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 poñamos en marcha este obradoiro. Poderán participar todos e todas as interesadas que teñan entre 10 e 99 anos.
Para poder participar deben cubrir unha solicitude, poden descargala na páxina www.concellodegondomar.gal ou na OMIX, aportando Fotocopia DNI e volante empadroamento. Tedes de prazo para realizar a solicitude dende o 20 de novembro ata 10 de decembro do 2018.
Programa de integración para persoas de entre 16-29 anos organizado pola Deputación de Pontovedra.
Solicita participar no programa "Depo Integra Xove" na web: www.depo.es
A partir del día 5 de noviembre, los vecinos de Gondomar contarán con los Servicio de Vitrasa que por primera vez llegará al Polígono Industrial de A Pasaxe, Gondomar.
Nosos maiores estiveron de visita en Almería y nos deixaron estas instantáneas de recordo.
Becas-prácticas remuneradas en empresas para estudantes con dicapacidade.
Prazo: ata o 17 de decembro
Incricións: https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasPracticasOnceCrue.aspx