^ Ir arriba

novas

Luns, 03 Decembro 2018 17:15

Contratación de 20 traballadores/as. Plan Concellos 2018.

Contratación de 20 traballadores/as a través da liña 3, emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2018. Finaciado pola Deputación de Pontevedra con 218.552,34 €.

O Plan Concellos 2018 está  financiado con fondos propios da Deputación de Pontevedra destinado á colaboración nas obras e servizos de competencia municipal dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, durante este ano se formalizaron 20 contratos de 8 meses de duración: 13 peóns Obras Públicas, 1 ferreiro, 1 electricista, 1 conserxe, 2 conductores, 1 aux advo e 1 técnico turismo.

Un dos eixos principais deste plan é o Emprego (liña 3 do plan). En calquera concello, con independencia do seu nivel de desenvolvemento, a base para impulsar de forma crecente e sostible a prosperidade, a cohesión e a inclusión social é contar cunha oferta suficiente de emprego. Por iso este Plan permite que os concellos destinen unha parte importante da cantidade que lles corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no servizo público de emprego, sempre respectando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e a debida adecuación salarial á cualificación profesional dos postos que se van cubrir, co límite mínimo do salario mínimo interprofesional que estea vixente en cada momento.

 

PlanConcellos 2018