A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha, por séptimo ano consecutivo, o campamento Gondoverán cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.
Para fomentar a igualdade entre os cativos e cativas, a Concellería desenvolverá o 25 de novembro de 10 a 14 horas o taller de igualdade “Construíndo historias non sexistas” dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 10 anos.
A Concellería de igualdade convida a "tinguir de loito gondomar” o 25 de novembro para rexeitar a violencia contra as mulleres.
Dirixido a persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos/as, que tivesen realizado un contrato de interinidade por maternidade ou paternidade e, no prazo dos quince días seguintes á súa finalización, subscriban outro contrato coa mesma persoa.
A Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar presenta os cursos da escola virtual da igualdade, cursos On-Line en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.
O sábado 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Lois Tobío, a través da Concellería de Igualdade e en colaboración coa Deputación de Pontevedra, terá lugar a proxección da película colaborativa Visións, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra "Cinema e muller", que ten por obxectivo visibilizar as creadoras do audiovisual da provincia para promover unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.

Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), vaise a por en marcha un curso preparatorio para a proba libre para a obtención do título en ESO destinado a persoas maiores de 18 anos.