^ Ir arriba

Novas Emprego

Recoñecemento experiencia profesional

O Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 8) publica o xoves, 14 de xaneiro de 2021 unha nova convocatoria para acreditar a experiencia profesional dos traballadores galegos.
Trátase de 1.209 novas prazas e un total de 7 cualificacións.
As 7 cualificacións son as seguintes:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225 prazas
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 150 prazas
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 150 prazas
- Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas
- Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 162 prazas, nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2
- Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 47 prazas.
Nesta cualificación de Servizos para o control de pragas non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse os que quedaron na lista de espera da anterior convocatoria.

O prazo de inscrición é dende o día 15 de xaneiro de 2021 ata o día 11 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Para máis información poden consultar na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no portal de Emprego:

https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-deinterese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.html