Dende a Concellería de Comercio e Turismo quérese dinamizar a vindeira campaña do Nadal con trés obxetivos fundamentais:
1º Dárlle á Vila un aspecto distinto e propio destas Festas que expresen nas nosas rúas, prazas e locais comerciais un sentimento de amizade entre os veciños ,de solidariedade, de convivencia e ledicia.
2º Conseguir que este ambiente sexa diferenciador das vilas da contorna que nos permita incrementar o número de visitantes e a súa frecuencia .
3º Froito deste ambiente e a maior presenza de visitantes , conseguiremos que o comercio local mediante a súa oferta incrementen e consigan mellorar os seus obxetivos.
Par elo o Concello implicarase na ambientación dos espazos comúns mediante a iluminación, megafonía …, e propón aos establecementos un concurso de ambientación e escaparatismo dos seus locais, cuxas bases se adxuntan .
Bases:
1) Para inscribirse no concurso é obrigatorio ser maior de idade e titular ou cotitular dun
establecemento comercial situado no Concello de Gondomar.
2) Os motivos e decoración dos escaparates e da ambientación dos locais terán como tema as Festas de Nadal.
3) A inscrición é gratuíta.
4) O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 10 de decembro de 2016
5) As solicitudes poderán presentarse de luns a venres, en horaro de 09:00 a 14:00 horas, no rexistro municipal, ou a través da sede electrónica, https://concellodegondomar.sedelectronica.gal
6) Os escaparates e a ambientación de locais deberán estar expostos entre os días 15 de decembro de 2016 e o 6 de xaneiro de 2017. Aqueles escaparates e locais que non se atopen montados no momento da visita dalgunha das persoas que forman parte do xurado quedarán excluídos do concurso.
7) O xurado estará composto por 3 membros:
Contará coa asistencia de tres técnico/as especialistas, a designar pola Concellaría de Comercio. Así mesmo, persoal pertencente á Concellería de Comercio, Promoción Económica, Emprego e Turismo actuará como secretaria.
8) O xurado valorará
-Criterio libre. Os escaparates participantes pola súa capacidade de atracción e xeración do desexo de compra, en base aos criterios de composición e deseño, tendo en conta, ademais, a orixinalidade e a elaboración propia.
-Criterio obrigatorio. A adecuación a beirarrúa correspondente ao espazo do local, a colocación dunha alfombra ou moqueta vermella na entrada ocupando o espazo físico da beirarrúa e dous testos con temática navideña,poderá ocupar toda a fachada do local.
9) Non poderán participar no concurso as persoas que formen parte do xurado e que sexan titulares ou cotitulares dun establecemento comercial.
10) O fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer ao longo do mes de xaneiro de 2016.
11) O “I Concurso de Escaparates e ambientación de locais do Concello de Gondomar Nadal 2016” está dotado coa cesión de espazos publicitarios gratuítos na páxina web e redes sociais do concello durante un mes consecutivo, a determinar de acordo, para os tres primeiros clasificados.
Ademais entregaranse os seguintes premios económicos aos titulares ou cotitulares inscritos:
- Primeiro/a clasificado/a concurso escaparates: 300 €
- Primeiro/a clasificado/a concurso ambientación de locais: 300 €
Asimesmo entregarase un diploma aos tres primeiros clasificados en cada categoría.
12) A participación no “I Concurso de Escaparates e ambientación de locais do Concello de Gondomar Nadal 2016” implica a aceptación destas bases.